A quinta marcha pública para recuperar a Casa Cornide, este sábado na Coruña

A Xunta déixase embaucar polos Franco, que din que é unha vivenda

Pedir á Xunta que non se deixe torear pola familia Franco no caso da apertura da Casa Cornide como ben de interés cultural en canto non se resitúe a propiedade pública do edificio é o motivo dunha manifestación que terá lugar na Coruña o sábado, día 14 de decembro. Partirá ás 12 horas desde María Pita.

A xente que se manifestará está inqueda coa connivencia entre a Xunta e os Franco, xa que estes aducen que na casa viven persoas particulares e que non se pode entrar nun domicilio, e o goberno autonómico non comproba nin inspecciona o edificio para desmontar esa aparente mentira.

Por iso piden á Xunta que acabe coa política de permisividade coa familia Franco, que asuma as súas responsabilidades para facer cumprir a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e que aplique a máxima sanción pola súa negativa a abrir ao público a Casa Cornide. Tamén queren, entre outras reivindicacións sobre a memoria democrática, que presente ante o Parlamento de Galiza a iniciativa lexislativa conducente a tipificar como falta grave ou moi grave na Lei de Patrimonio Cultural o incumprimento de réxime de visitas do público aos BIC.

Neste enlace podes consultar o manifesto, que contén máis información:

Comparte esta nova!