[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A presión de Alternativa de Cambre impulsa a limpeza do Mero
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A denuncia feita pola veciñanza a través de Alternativa dos Veciños de Cambre a inicio de mes ten o seu efecto ao anunciarse dende o goberno municipal a licitación dos traballos de mantemento do paseo fluvial.
Aínda que o convenio entre o Concello e Augas de Galicia xa foi asinado fai nove meses, polo que a mala xestión agora está a ser municipal. A veciñanza terá que seguir esperando para ver os resultados, xa que a licitación aínda foi anunciada no día de onte.
“É lamentable que dende o goberno municipal se espere, por unha banda aos inicios de verán para empezar os traballos de mantemento, que deberían ter unha continuidade anual. E por outra a chegar ao descontento da veciñanza un ano máis, cando agora a xestión é municipal”, afirma Raúl Varela.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]