A pleno o deterioro do mobiliario urbano de Tarrio

Alternativa trasladou ao pleno o deterioro do mobiliario urbano na contorna da Casa do Concello e do Centro de Saúde.

O grupo reclamou a súa renovación ou a substitución dos elementos máis deteriorados, así como novas localizacións dos bancos en sombra que melloren o confort das persoas usuarias.

O grupo solicitou, a petición da veciñanza, ou que se cambien a localización dalgún dos bancos na praza do Concello para a zona contigua á Rúa Tarrio, onde anteriormente estiveran instalados.

Dende o goberno local comprometeronse a ter en conta as propostas para ser incluídas na actuación que está prevista realizar na zona a través do Plan Único de Concellos (POS), financiada pola Deputación Provincial.

Alternativa considera que estas actuacións contribuirían a crear un espazo público máis cómodo, accesible e coidado, mellorando unha das contornas con maior uso diario de Tarrio.

Comparte esta nova!