Alternativa dos Veciños destaca que a inclusión da pista deportiva en San Vicente foi posible grazas á presión exercida polo grupo, ao tratarse dunha demanda histórica desta parroquia, única do municipio que carece desta instalación deportiva básica.
A xestión do goberno municipal quedou en evidencia con este expediente, xa que nunha partida anterior do POS+, aprobada o pasado mes, incluíuse un proxecto de humanización e aparcadoiros na zona, alegando que estos fondos asignados pola Deputación, a estas alturas da anualidade 2025, marcaba unhas áreas en concreto para facer as obras e unhas cantidades máximas para invertir,o que non permitía facer a pista deportiva como esixía Alternativa dos Veciños.
Desde Alternativa dos Veciños, en disconformidade coa xustificación, analizouse a documentación existente e comprobouse que non existe documentación técnica que avale tales argumentos. O grupo mantivo a presión necesaria para lograr que o compromiso fose realmente asumido.
Esta deficiente planificación provocou a perda de 20 mil euros en investimentos, por unha banda, 10 mil euros non executados na partida que incluíu a humanización da área, e, pola outra, outros case 10 mil euros desta partida 4/2025 que debe aportar o Concello para a realización da pista. A isto hai que sumar os custos derivados da realización de dous proxectos, cando podería ter sido un que incluíse tanto a humanización, como a pista.
Dende Alternativa dos Veciños de Carral seguiremos defendendo os intereses da veciñanza e esixindo transparencia, planificación e boa xestión.