O plan inclúe máis de 600 mil euros, dos cales a prioridade serán as actuacións urxentes derivadas da reparación dos viais cortados por mor das inundacións nos regos.
O plan tamén inclúe 512 mil euros para a adecuación e reforzo de arcéns en Vial Gandarío-Cangas-Casal de Ouces e prolongación do saneamento no Vilar.
A prioridade do grupo de goberno é a execución das obras que permiten solventar as consecuencias das inundacións nos pasos de diferentes regos: no Cabanés ,de Callou, o Maior e Baldomir en Loureda-Guísamo. Que a día de hoxe aínda hai algún víal cortado.
Alternativa non comparte a vottación de abstención dos grupos da oposición ante este expediente que permite avanzar na resolución das problemáticas da veciñanza.