A oposición de Carral trata de desprestixiar a Gestal por un incidente informático

Ao detectarse o problema, Concello e Deputación arranxárono, deixando á oposición sen o argumentos

O erro informático que impediu inicialmente conseguir unha axuda económica da Deputación para os servizos sociais de Carral está localizado e o Goberno municipal realizou inmediatamente as xestións necesarias para revertir a situación e conseguir eses importantes fondos para o funcionamento dos servizos públicos de proximidade.

A excesiva dramatización política sobre un erro administrativo somente revela a falta de altura de miras da oposición no Concello, incapaz de valorar que un simple erro informático pode ser determinante nun momento dato. 

Pero por fortuna, a arquitectura administrativa do noso modelo institucional permite facer fronte a estas circunstancias puntuais que pretenden aproveitar para denigrar unha acción brillante ao frente do Concello como a que está levando adiante Javier Gestal e o seu equipo.

Tanto a Deputación como o Concello de Carral realizaron as xestións necesarias para endereitar o procedemento administrativo e facver viable a asignación deses 209.000 euros para reforzar os servizos sociais do municipio.

Comparte esta nova!