123

Comeza a obra do túnel e da glorieta en Sol y Mar

Despois de 16 anos reclamando ao Ministerio de Fomento a mellora do cruce de Sol y Mar, na N-VI ao seu paso por Perillo, por fin comezaron as obras. O custo desta actuación é de 9.813.642,04 euros e está previsto que finalice dentro de 2 anos e 4 meses.

Esta mañá procedeuse á colocación da primeira pedra. O alcalde, Ángel García Seoane manifestou que “esta era unha obra moi necesaria. O importante non é só comezala, senón tamén finalizala, pero neste caso non debería haber ningún problema porque está todo contratado”.

Unha vez conclúa esta obra debería comezar a da ampliación da ponte da Pasaxe. Ao longo dos próximos dous anos, o Ministerio ten que aprobar definitivamente o proxecto e tramitar o expediente de contratación para poder iniciar os traballos no 2023.

Novas relacionadas