A liberdade de expresión en El Salvador

Gabriela Villaroel e Carolina Amaya visitaron Oleiros da man do programa Galicia Abriga

Dúas xornalistas e defensoras de dereitos humanos salvadoreñas visitaron o Concello de Oleiros, xunto co equipo xestor do programa de acollemento temporal Galicia Abriga.

Participaron nunha reunión co alcalde, Ángel García Seoane, a quen informaron sobre asuntos relacionados coa actualidade salvadoreña e en xeral co contexto político latinoamericano e internacional nestes tempos de guerra e incerteza.

Trátase de Gabriela Villaroel e Carolina Amaya. Ambalasduas compartiron a súa visión do contexto político global co alcalde e coa segunda tenenta de alcalde e concelleira de Cooperación, Marga Figueroa, que amosaron a solidariedade do pobo galego coa loita pola liberdade de expresión e pola democracia.

Comparte esta nova!