A contratación das obras e servizos atópase paralizada pola inexistencia de orzamentos municipais
O Concello de Cerceda aínda non ten aprobados os orzamentos municipais para o ano 2018.
Malia a maioría absoluta da que goza o Goberno local, o pleno aínda non aprobou o documento que rexe a vida municipal e a contratación de obras e servizos atópase paralizada.
Ademais desta incapacidade na xestión, que limita o crecemento do municipio, o Goberno local está a realizar contratacións irregulares que poderían ocasionar importantes prexuízos económicos para as arcas públicas. Mentres tanto, grazas as xestións realizadas desde o noso Grupo Provincial, a Deputación está a abordar diversas obras no concello, tales como:
- Asfaltado da estrada Cerceda-Xesteda: 294.989,84 euros.
- Beirarrúas nas travesías A Silva-Casairos e Abeleira:164.971,08 euros
- Acondicionamento do acceso á Estación do tren: 493.677,82 euros
Ademais, o Concello procederá ao asfaltado de rúas e camiños públicos do municipio que se atopan deteriorados grazas a unha subvención provincial de 124.968,66 euros.