A II Romaría de Alternativa dos Veciños contará coa asistencia de máis de 1.000 persoas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A II Romaría de Alternativa dos Veciños contará coa asistencia de máis de 1.000 persoas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Un total de 986 persoas xa confirmaron a súa asistencia á II Romaría de Alternativa dos Veciños, que se celebra mañá sábado a partir das 12:00 horas na Finca Tenreiro, situada na localidade de San Pedro de Nós. Será unha gran festa á que poden acudir todas aquelas persoas que desexen pasar unha xornada festiva nun lugar único. 

A entrada será libre e aberta a todos os veciños e veciñas non só de Oleiros, senón tamén doutros municipios limítrofes nos que tamén estamos a traballar arreo. Cada quen será libre de traer a comida que estime oportuna, de facela alí mesmo se o prefire, de organizarse por grupos… Haberá mesas e cadeiras e estará a Pulpeira de Melide. Ademais a charanga Os Charangos amenizará a xornada coa súa música.

Despois de moitos anos celebrando a cea anual de Alternativa dos Veciños no Mesón de Pastoriza, o ano pasado decidiuse achegar esta festa ao Concello de Oleiros, nunha data na que se puidera facer ao aire libre, coa intención de facilitar a participación a todos os veciños e veciñas.

Esta romaría, igual que o era cea de Pastoriza, é unha festa aberta a todas as persoas que desexen pasar un día singular e distinto, neste caso na Finca Tenreiro. Como xa é sabido, en Alternativa dos Veciños non existen carnets, polo que calquera que simpatice coa maneira de traballar e de actuar do grupo de seguro que atopará neste encontro unha grata compañía.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!