A Fiscalía dálle a razón a Alternativa na denuncia polo pavillón de Anceis

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Fiscalía dálle a razón a Alternativa na denuncia polo pavillón de Anceis

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pasado 7 de febreiro Alternativa dos Veciños denunciou ante a Fiscalía as irregularidades cometidos polo Goberno municipal no polideportivo construído en Anceis. O Grupo Municipal achegou a documentación para demostar o posible delito que se estaba a cometer dende o Goberno Local na xestión urbanística. Raúl Varela, voceiro da Alternativa en Cambre, tamén se sumou a unha denuncia conxunta co resto dos voceiros e voceiras dos grupos da oposición.

Alternativa denunciou evidencias da realización dunha permuta de solo moi dubidosa, a realización do polideportivo sen licenza e falsidade documental.

A chispa que desenlazou tal denuncia saltou no pleno de febreiro engadindo á aprobación por parte do Goberno Cambrés dun plan especial para recalificar o terreo, cos votos a favor do Grupo de Unión por Cambre e PSOE. Plan que pretendía encubrir o que agora a propia Fiscalía ve indicios: unha política de nefasta xestión nos que tanto o Alcalde como o Concelleiro de urbanismo implicaron a unha entidade veciñal e a unha serie de funcionarios para dar cobertura ás presuntas ilegalidades.

Alternativa dos Veciños estamos satisfeitos da noticia xa que pon en manifesto o correcto funcionamento da Fiscalía ante a corrupción política e confiamos en que agora sexa a xustiza a que ratifique os supostos delitos cometidos polo Goberno Cambrés.

Os Veciños e Veciñas de Cambre están a coñecer as prácticas levadas a cabo polo Goberno Municipal conformado por Unión por Cambre e PSOE, nas que se pon en dúbida a legalidade e bo facer que predican e prometeron nas eleccións á veciñanza. Goberno que debería esixir a dimisión do Concelleiro de Urbanismo pola súa conduta supostamente delitiva.

Dende Alternativa dos Veciños persistiremos no noso obxectivo de sumar para Cambre e perseguir as actuacións do Goberno Cambrés que rozan en demasiadas ocasións a estreita liña da irregularidade, a mediocridade política e no están a dar ningún beneficio á veciñanza cambresa.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!