A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) debera de espertar da súa vida contemplativa e adoitar unha actitude máis proactiva para a defensa dos concellos, tal como significou o presidente da Alternativa e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, diante das declaracións do presidente deste organismo supramunicipal, no que se mostra complacente e satisfeito cos pírricos resultados obtidos.
“Desde a FEGAMP non fan máis que laiarse, sen pasar á acción para facer frente ás políticas da Xunta e Goberno Central que están a arruinar as arcas municipais, cando en realidade deberan adoitar actitudes máis activas para que os concellos poidan nutrirse os ingresos necesarios para afrontar servizos que non lles corresponden”, dixo García Seoane.
Refírese a numerosos servizos públicos de competencia estatal e autonómica como cuestións relacionadas coa sanidade, a educación, as residencias da terceira idade, a asistencia domiciliaria ás persoas maiores, a conservación de espazos naturais ou o transporte público… conceptos polos que a Xunta recibe fondos do estado, pero que non sempre abondan para que os concellos realicen esas políticas que non teñen que ver coas súas competencias.
O presidente da Alternativa pide ademáis que a FEGAMP poida servir para axilizar expedientes que tanto Xunta como Estado manteñen paralizados durante moito tempo en organismos como Augas de Galicia, Patrimonio, as direccións de estradas ou urbanismo, que responden sen respectar os tres meses que se aplican en xeral a calquera procedemento administrativo, chegando nalgúns casos aos 12 meses, o que provoca graves problemas na xestión municipal.