A fantasía do bus universitario de Oleiros que a Xunta nega

A Xunta négase a organizar este servizo para as 800 persoas que cada día se desprazan a Elviña - Zapateira

A Xunta continúa negándose a instalar unha liña desde Perillo ao Campus de Elviña, tal como solicita a comunidade universitaria. Se ben outros concellos xa dispoñen deste servizo, o departamento de Martínez Allegue só ofrece unha solución: o silencio, condeando a estudantes e profesorado a achegarse a Elviña polos seus propios medios ou achegándose á Coruña e retrocedendo tras coller un bus urbano.

O sinsentido repítese coa chegada de liñas da capital a Santa Cristina, outra dimensión prohibida pola Xunta debido ás condicións das súas cuestionadas concesións administrativas, que non se remodelaron nunca pese ao crecemento demográfico da área metropolitana.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, xa se levantou de duas reunións convocadas pola Xunta con unha morea de concellos da provincia, mentres se nega a realizar reunións a dúas bandas con Oleiros para falar das carencias do transporte público no municipio e sistemáticamente rexeita de plano as demandas municipais de reforzo de liñas, ampliación de percorridos, mellora de frecuencias e outros detalles que se consideran importantes para que o servizo de autobús interese cada vez a máis persoas.

En relación a unha suposta débeda que a Xunta reclama a Oleiros pola mellora do servizo público a través da liña 1 da Coruña, Gelo instou ao goberno galego que en vez de reclamala nos xornais que a reclame onde ten que facelo: nos xulgados.

García Seoane presentou unha campaña que ten como elemento central un decrépito autobús con destino ao campus, pero que presenta unha eiva importante: non arranca.

Comparte esta nova!