[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A falta de Plan Xeral condiciona á diminución da poboación cambresa
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Cambre perde no último ano o 0.22% da poboación no municipio. As políticas municipais están a desgastar os servizos públicos municipais e a falta de Plan Xeral fai “mella”.
A veciñanza non está a ser beneficiada polas políticas urbanísticas que o goberno local impón. Son as grandes promotoras as que se favorecen a base de numerosas modificacións das normas subsidiarias, que se atopan totalmente obsoletas na actualidade.
A falta dun Plan Xeral de Urbanismo pon a Cambre ante un triste escenario: as zonas máis rurais abandonadas , a pouca posibilidade de edificabilidade fai que os prezos se disparen, non hai nova vivenda, a inseguridade xurídica frea a promotoras que aposten (sen especular), as zonas máis poboadas están a ser conquistadas polo tráfico, ruído e incluso vandalismo. As novas xeracións están abandonando o municipio porque non hai alternativas.
Alternativa dos Veciños leva a insistir na importancia dun Plan Xeral para a veciñanza, que dea resposta ás necesidades do día a día tanto no rural como no urbano. Porque as modificacións das normas subsidiarias para facer un centro comercial no Temple, unha polideportiva (aínda pechada en Anceis) ou un “mamotreto” de edificios na veira das casas Bailly ou na Costa da Tapia, non benefician para nada a Cambre.
Por outra banda, non se está a difundir as riquezas do municipio, xa que moitas zonas se atopan descoidadas e sen mantemento. Algo que Alternativa de Cambre tamén insistimos nos últimos meses, xa que lugares como o paseo do Mero son a porta de entrada a visitantes.
-Fai falla deixar de enredar coas modificacións irregulares das normas subsidiarias e centrar todos os esforzos e recursos municipais en sacar adiante o Plan Xeral, porque este é a base do futuro de Cambre- Afirma Raúl Varela, portavoz do grupo municipal en Cambre.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]