A urxencia dalgúns destes abonos-principalmente o vencemento de varios seguros obrigatorios- forza agora a convocatoria dun pleno extraordinario para debater o asunto. Esta sesión suporá un custo aproximado de 9.000€ entre pleno e comisións informativas para poder aprobar o pago de 67.000 € en facturas.
Alternativa recoñece que a xestión do goberno non foi a máis axeitada, pero considera que avanzar no pagamento a provedores debería ser unha prioridade compartida por todos os grupos, evitando así un gasto engadido para as arcas municipais. Con todo, subliña que a solución estructural pasa por regularizar e licitar contratos pendentes, evitando así que intervención paralice de maneira recorrente o pagamento de facturas.
A orixe das votacións en contra da urxencia para debater o pago de facturas por parte de PSOE, BNG e UXC radicou que a pesar que na Xunta de portavoces o goberno avanzou que incorporarían para o pleno un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito de 25.000 € . O día anterior ao pleno comunicouse a incorporación de dous expedientes máis, elevandose a unha contía de 67.000€. Ao que os grupos da oposición denunciaron que a marxe de tempo era insuficiente para a análise da documentación por parte dos diferentes grupos.
A aprobación destes expedientes permitiría facer fronte a gastos básicos como o subministro de gasóleo para o sistema de calefacción do Centro de Saúde e da Casa do Concello, combustible para vehículos de protección civil, seguros da flota de vehículos municipal e de grupos -que vencen este mes-, taxas do consorcio contraincendios pola intervencións realizadas, así como reparacións de carácter urxente.