pleno-toma

A Fábrica acolle o sábado o pleno de constitución da nova corporación de Oleiros

O pleno de constitución da corporación para a vindeira lexislatura (mandato 2019-2023) terá lugar o vindeiro sábado 15 de xuño. Será ás 12:00 horas, no auditorio do centro cultural A Fábrica, en Perillo.

Tal e como figura na orde do día, primeiramente tomarán posesión os membros electos da Corporación. Posteriormente, tras a posta a disposición do arqueo e do inventario de bens municipais para que a Corporación entrante poida proceder á súa comprobación documental, pasarase á votación para a elección do alcalde do Concello de Oleiros.

Novas relacionadas