Dende o comenzo do presente mandato municipal, estamos a constatar de maneira palmaria a situación de déficit de persoal que está a padecer a plantilla municipal.
Cuestión que en numerosas ocasións foi recoñecida polo goberno municipal e que se ven arrastrando do mandato anterior.
Na actualidade estase a dar a situación de que algún departamento só conta cunha persoa para sacar todo o traballo adiante o que motiva que os expedientes se acumulen; e que por exemplo, as licencias de obras na actualidade teñan un prazo de espera para a súa concesión aproximado de case 3 anos, ou que o prazo de espera en servicios sociais ronde os 3 meses.
Alternativa dos Veciños leva insistindo todos estes meses en dar máxima prioridade a esta cuestión xa que é a base do bo funcionamento de Concello: sen personal que saque adiante o traballo a realizar todo o demáis caéra en saco roto.
Vimos de ofrecer reiteradamente en varios plenos, que o goberno se sente con nós e entre todas e todos poder abordar este tema tan urxente para darlle solución o antes posible. De el dependen moitas cousas que afectan á vida de toda a veciñanza.