besta

A empresa que abandonou a obra da estrada da Besta obrigada a indemnizar á Deputación

A Deputación da Coruña procedeu a rescindirlle o contrato de ampliación da estrada da Besta (que conecta o centro de Mera e a localidade sadense de Veigue coa vía Ártabra) á empresa adxudicataria desta obra por abandonar a execución dos traballos sen aviso previo. Debido a esta actuación, váiselle incautar o aval presentado, terá que pagar unha indemnización económica e quedará inhabilitada para volver a contratar coa Deputación.

“A situación do coronavirus demorou máis do debido os trámites que tiña que realizar a Deputación en relación aos problemas da empresa adxudicataria desta obra, que denunciei en varias ocasións como alcalde e deputado provincial. Agora agardo que poida estar contratada novamente a mediados de xullo e que poida retomarse despois do verán”, dixo Ángel García Seoane.

Novas relacionadas