A Deputación vai subvencionar ao Concello de Arteixo con 3,6 millóns para melloras no Polígono de Sabón

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Deputación vai subvencionar ao Concello de Arteixo con 3,6 millóns para melloras no Polígono de Sabón

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Deputación da Coruña vai entregar ao Concello de Arteixo unha axuda de 3.624.519 euros para diversas melloras no polígono de Sabón. En concreto está previsto abordar con ese fondo a mellora da rede de abastecemento de auga, a mellora do depósito de auga e tres sendas peonís: a do embalse, a da avenida da Ponte e a que vai á praia.

Alternativa de Arteixo alégrase desta importante noticia para o municipio. Esta importante aportación económica para o Concello de Arteixo permitirá realizar estas obras ao longo do tempo estipulado pola Deputación.

“En Alternativa dos Veciños contamos cun deputado provincial, que visita constantemente a comarca e atende as demandas que lle facemos chegar os compañeiros nos diferentes concellos onde estamos presentes. Todo este traballo é presentado na deputación para ser estudado debidamente e se é factible que leve a cabo” apunta Noelia Martínez, Voceira de Alternativa en Arteixo.

“En Alternativa de Arteixo estamos a solicitar constantemente melloras á deputación provincial. Tamén as solicitamos para o polígono de Sabón, e agora pódese ver como a Deputación entregará ao Concello de Arteixo unha importante axuda de máis de tres millóns e medio de euros para a realización de diversas melloras no polígono” matiza a voceira de Alternativa en Arteixo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!