CORTINAN-VIXOI

Alternativa dos Veciños anuncia a mellora da seguridade vial na senda entre Cortiñán e Vixoi

Alternativa dos Veciños anuncia a intención da Deputación da Coruña de mellorar a seguridade viaria na DP-0801 entre Cortiñán e Vixoi cun investimento de 523.000 euros.

A presentacia de Alternativa dos Veciños na Deputación da Coruña asegura o investimento na mellora das infraestruturas da comarca da Coruña. Nesta ocasión, o organismo provincial anunciou a ampliación desta estrada e a construción dunha senda peonil entre Cortiñán e Vixoi. A Deputación asumirá os custos da execución e das expropiacións necesarias . A proposta realizada consiste na construción dunha senda peonil e na ampliación da plataforma dos primeiros 800 metros da estrada provincial desde a intersección coa N-VI ata Vixoi. A ampliación da vía mellorará a súa anchura en 1,5 metros asegurando a construción da senda peonil.

Novas relacionadas