A Deputación comprométese con Alternativa dos Veciños a ampliar a estrada en Lóngora

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Deputación comprométese con Alternativa dos Veciños a ampliar a estrada en Lóngora

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños retirou a moción que ía presentar no pleno da Deputación da Coruña para solicitar a urxente contratación das obras de ampliación nun tramo da estrada que vai de Coruxo a Montrove, fronte ao Pazo de Lóngora. O Goberno provincial comprometeuse a contratar esta obra proximamente, polo que o deputado de Alternativa Ángel García Seoane decidiu non someter ao pleno a proposta.

Esta estrada ten un elevado tránsito de vehículos e peóns, o que require dunha ampliación do vial desde a Deputación, dotándoo de beirarrúas ou beiravías. Nestes momentos non chega a ter un ancho superior aos catro metros, sendo unha estrada de dobre sentido de circulación.

Estas melloras foron solicitadas en distintas ocasións polo Concello de Oleiros, que achegou un anteproxecto valorando a obra en 145.348,78 €. Desde o Goberno municipal tamén se logrou o solo necesario para a ampliación, por cesións e por expropiacións, polo que neste momento non existe traba algunha.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!