[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A Delegación do Goberno e Audasa pretenden paralizar a contratación da vía Ártabra
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A contratación da obra de conexión da vía Ártabra coa AP-9, que a Xunta de Galicia está en disposición de contratar neste 2018 ao dispoñer da partida orzamentaria necesaria, permanecerá bloqueada mentres o Ministerio de Fomento non informe favorablemente ao proxecto elaborado pola Consellería de Infraestruturas.
Audasa, que reclama un terceiro carril na AP-9 desde Cambre ata A Coruña, e a Delegación do Goberno, coa realización dun estudo para valorar o proxecto da Xunta, están a provocar un incomprensible retraso na contratación desta importante obra para a mobilidade da comarca da Coruña.
A pasada semana a Xunta de Galicia recibía o informe da concesionaria da Autopista do Atlántico. No documento, Audasa demandaba que antes de abordar a obra de conexión da Ártabra coa AP-9 se construíra un terceiro carril na autopista desde a zona da Gándara ata Alfonso Molina. “Sería moi grave que se perderan os 34 millóns de euros que ten a Xunta de Galicia para contratar a obra de conexión da vía Ártabra porque a unha empresa lle dea a gana. Gravísimo!”, comentou o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.
Esta mesma semana a Delegación do Goberno anunciou a realización dun estudo para avaliar o proxecto da Xunta. Un traballo que, de levarse a cabo, tardaría meses en estar rematado, impedindo así a contratación no 2018 e perdendo os cartos asignados pola Xunta. “O que teñen que facer é deixarse de estudos e monsergas, que informen favorablemente á conexión coa autopista para que a Xunta poida realizar a contratación”, dixo García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]