A costa de Oleiros será máis libre coa creación dunha senda marítima desde Beiramar ata O Graxal

Paseo de Beiramar - Perillo-0396 (1) (1)

Alternativa dos Veciños acaba de dar un novo paso para acadar o obxectivo de facer posible desprazarse camiñando por terreos públicos por toda a costa de Oleiros. Ante as xestións realizadas, iniciarase estes días a obra de creación dunha senda marítima que permitirá darlle continuidade ao paseo de Beiramar ata O Graxal polo parque do Paraíso.

Están en marcha tamén os trámites previos para a expropiación dos terreos necesarios para facer transitable o tramo de costa entre Canide e Naval, que abrangue case toda a parroquia de Dorneda. Esta futura senda permitirá abrir totalmente o litoral de Oleiros, desde o fondo da ría ata o porto de Lorbé.

Novas relacionadas