[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Sae a contratación a obra do túnel e da glorieta en Sol y Mar por 12,5 millóns de euros
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Despois de anos de loita de Alternativa dos Veciños e do Concello de Oleiros para lograr que o Ministerio de Fomento realizara a obra de mellora do cruce de Sol y Mar, na N-VI ao seu paso por Perillo, hoxe publicouse no Boletín Oficial do Estado o anuncio de licitación desta obra. O importe ascende a 12,5 millóns de euros e o prazo de execución é de 34 meses.
“Por fin! No 2004 comezamos a demandar esta obra. No 2007 xa estaba o proxecto aprobado e ía contratarse, pero quedou todo paralizado pola crise, e desde entón non daba saído… Pero non hai como ser constantes na loita. Co anuncio de hoxe no BOE xa non hai volta atrás, e alá polo mes de outubro debería estar en marcha. Despois de toda a batalla que se dou, debemos felicitarnos todos e todas por lograr esta importante obra para Oleiros e para o conxunto dos cidadáns da comarca da Coruña”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
Desde o ano 2004, o Concello de Oleiros e Alternativa dos Veciños estaba a reclamar esta actuación ao Ministerio de Fomento para que se construíra un túnel e unha rotonda na superficie para axilizar o tráfico neste punto dunha das estradas de máis tráfico de toda Galicia. A última das reivindicacións realizadas polo alcalde foi unha acampada neste punto, o pasado 13 de novembro, para demandar ao Ministerio a contratación desta obra e outras que levan anos esquecidas polo distintos Gobernos de Madrid.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]