[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado de Sada promove “Roteiros en Vela” para este verán polo Porto e Ría de Sada
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concelleiro de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, Breogán Blanco pon en marcha esta actividade de lecer para por en valor a nosa Ría coma un medio máis para mellorar a nosa saúde e as nosas relacións sociais tan mermadas despois das pasadas restricións da pandemia.
A actividade de “Roteiros en vela” vai dirixida a todos aquelas persoas interesadas nunha actividade que pretende motivar, hixienizar e mellorar a vida, poñendo e facilitando ós participantes o coñecemento da nosa única e inigualable ría. Na actividade poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos, menores de entre 16 e 18 anos baixo a autorización do seu pai, nai ou titor legal e menores de 16 anos baixo a supervisión e coidado do seu pai, nai ou titor legal. As saídas comezarán o 3 de Xullo, desenvolveranse os sábados e domingos de 10h a 14h da mañá, e de 16h a 20h da tarde, e incluirán unha bebida e aperitivo saudable. A actividade está pensada para grupos mínimos de catro persoas e prevese que remate o 26 de Setembro. O período de inscrición xa está aberto e farase por orde de chegada no rexistro xeral do Concello de Sada. Toda a información sobre o prezo da actividade e forma de pagamento pódese consultar na Concellería de Promoción da Saúde no Concello de Sada ou no tlfno. 981 620 075.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]