Tras máis de 15 anos de pleitos nos que particulares reclamaban a propiedade dos terreos gañados ao mar en 1933 na zona da Pasaxe, onde estaba o poboado chabolista e as naves, a Audiencia Nacional fallou a favor do Estado e confirmou que os terreos pasarán a ser públicos, non podendo construír vivendas nin especular.
Desde o Concello de Oleiros denunciamos en diversas ocasións a operación que se pretendía levar a cabo por parte de promotores e entidades bancarias. Un deses promotores financiara 2 campañas electorais do Partido Popular de Oleiros.
Sentencias como estas son as que se necesitan neste país para dar credibilidade á xustiza española. A cidadanía recuperará 100.000 metros cadrados para zonas verdes públicas e paseos.