[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A actual concelleira de Esquerda Unida Olga Santos, ocupará o número 3 da lista electoral de Alternativa.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Algunhas das persoas que integraban a lista electoral de Esquerda Unida nas pasadas eleccións municipais formarán parte da candidatura de Alternativa dos Veciños no Concello de Cambre. O acordo vén propiciado pola coincidencia dos postulados políticos de ambos grupos e pola necesidade de acadar unha maior unidade para defender o interese xeral de Cambre, por encima de intereses partidistas ou persoais.
Así, a actual concelleira de Esquerda Unida Olga Santos, ocupará o número 3 da lista electoral de Alternativa dos Veciños. Tamén formarán parte da candidatura destacadas persoas de Esquerda Unida de Cambre como Loreto Taibo, Quique Pazos e Ana Cristina Limia.
O obxectivo que se persegue é lograr unha maior forza electoral que permita cambiar a situación política do Concello. Alternativa dos Veciños e Esquerda Unida lideraron a oposición durante a presente lexislatura con numerosas iniciativas e propostas, denunciando continuamente aquelas actuacións irregulares e contrarias ao interese xeral da cidadanía promovidas por parte do actual Goberno municipal.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]