[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Máis de 150 persoas participaron na Asemblea Xeral de Alternativa dos Veciños na que se acordou a lista electoral que se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio no concello de Oleiros. A confección da lista busca manter un goberno forte.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A lista será a seguinte:
1 Ángel García Seoane
2 María José Varela
3 Marga Figueroa
4 Pablo Cibeira
5 Belén Taboada
6 Teresa Vázquez
7 Mª José Santos
8 Antonio Molinos
9 Rosa Méndez
10 Jaime Rumbo
11 Sandra Fernández
12 Marta Martínez
13 Ramón Maceira
14 José Manuel Caridad
15 Igor Pérez
16 Amy Díaz
17 Fernando Grela
18 Rocío López
19 César Meilán
20 Oscar Deus
21 Esther Garrido
SUPLENTES
Paco Pita
Juan Fernández
O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, remarcou a importancia destas eleccións para un partido “co que intentaron acabar dende hai anos”, ademáis de asegurar que a formación é forte e está “moi por encima” da súa persoa. Por outro lado, mostrou o seu agradecemento a concelleira María Esther Garrido, que pechará a lista electoral de xeito simbólico.
Pola súa banda, o secretario xeral do partido, Felipe Louzán, explicou os criterios que se seguiron para aprobar unha lista que foi aceptada por unanimidade na asemblea. Tamén falou o tesoreiro de Alternativa dos Veciños, Antonio Franqueira, que explicou que Alternativa únicamente se financia coas subvencións das institucións públicas e coas aportacións dos simpatizantes, ós que pediu a súa colaboración, ante unha campaña electoral que se presenta custosa.
A asemblea tamén aprobou as datas de celebración dos actos de presentación da candidatura nas diferentes localidades do municipio. A primeira desas ceas frías terá lugar en Iñás o vindeiro venres 17 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa do pobo. Son actos abertos a toda a veciñanza, servirán para presentar a lista electoral e o programa.
Por outra parte, foron presentados os cabeza de lista do partido no resto de Concellos da comarca, como son Arteixo, A Coruña, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Sada e Fisterra.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]