A Asemblea Xeral de Alternativa elixe a lista encabezada por Ángel García Seoane

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Asemblea Xeral de Alternativa elixe a lista encabezada por Ángel García Seoane

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Máis de 300 persoas dos municipios da comarca da Coruña nos que está presente Alternativa dos Veciños participaron na asemblea xeral extraordinaria de elección dos órganos de goberno para os vindeiros 4 anos. A lista que presentou Ángel García Seoane para seguir presidindo o partido contou co apoio unánime das persoas asistentes.

Xunto con García Seoane na presidencia, a comisión permanente de Alternativa estará formada por María José Varela –vicepresidenta-, Felipe Louzán –secretario xeral-, Antonio Franqueira –tesoureiro- e Marga Figueroa –secretaria de comunicación-. Alfredo Novoa Gil, que ocupaba a vicepresidencia, pasa a ser presidente de honra de Alternativa en recoñecemento á súa traxectoria política.

A comisión executiva estará formada polos membros da permanente e Blanca de Ceano, José Manuel Díaz, Narciso Marzoa, Jaime Rumbo, Manuel Sánchez, Monserrat Méndez, Juan Francisco Martínez, Andrés Sánchez, Julia González, José Luis Viñal e Susana Guimarey. A asemblea tamén elixiu ás persoas que forman a coordinadora comarcal: por Oleiros María José Santos, pola Coruña Emilio García, por Bergondo Pablo Santiso, por Cambre Manuel Castro, por Culleredo Julio Lantes, por Carral Inmaculada Mantiñán, por Sada Francisco José Vecino, por Arteixo Susana Santamaría e Pablo Cibeira como responsable de comunicación.

Outro dos órganos que quedou constituído no día de hoxe foi a Comisión de garantías e deberes dos afiliados. A presidenta será Belén Taboada, a secretaria Sara López e as vogais Sisela Velo e Sandra Sánchez.

Na asemblea tamén se someteu a debate a posible participación nas vindeiras eleccións autonómicas, a situación política na comarca da Coruña e outros asuntos de actualidade.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!