A empresa que xestiona a AP9 deixará de ter privilexios en Oleiros tras caducar a patente de corso que lles regalara o goberno de Aznar no ano 2000, cando grazas a unha lei herdada do franquismo decretou unha exención fiscal do 95%. Esta prórroga rematou no 2023.
Os importes son moi diferentes, xa que pasan dos 2.355,43 euros que se cobraban ata este ano, aos 47.108,52 euros que poden ser recaudados polas arcas municipais a partir de agora.
En pleno debate de se a prórroga da autoestrada ata o 2048 é ou non legal ao realizarse sen concurso público, e sobre o agravio que supón que o Estado non rescate a concesión, como fixo nas radiais de Madrid, os concellos que atravesa a autoestrada si poden activar este recurso.
Como di o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, “A empresa que nos rouba os cartos cada vez que circulamos pola autoestrad non pagaba impostos por unha lei franquista e por unha decisión de Aznar no ano 2000. Xa saimos varios concellos nesta liña e agardo que todos fagan o mesmo e recuperemos parte do que nos saca do peto esta empresa”.