arenaza

A ampliación da ponte de Arenaza permitirá acabar cos asolagamentos

No próximo pleno da Deputación da Coruña vaise aprobar a construción dunha pequena ponte en Iñás, nas inmediacións da urbanización Arenaza sobre a estrada provincial que vai de Oleiros a Pravio, para dar saída as augas que desde o linde con Sada baixan cara a ría do Pasaxe. A Deputación, a petición de Alternativa dos Veciños, financiará esta obra na súa totalidade, non necesitando expropiar terreos dado que nas dúas cabeceiras da ponte hai parques municipais.

Esta é unha actuación moi necesaria para acabar cos episodios puntuais de inundacións e desbordamentos nesta zona. Trala súa aprobación no pleno provincial, a contratación poderá realizarse unha vez que emita o correspondente informe Augas de Galicia.

 

Novas relacionadas