O Concello de Cambre ten a exposición pública o proxecto da pretendida urbanización nos terreos que hai entre a N-VI e Oleiros, a carón das ruínas das Casas Bailly. Con esta operación que se pretende aprobar, eses 43.000 metros deixarían de ser solo rústico e pasarían a ser urbanos, cunha edificabilidade de 0,62m2/m2, o que permitiría a construción de numerosos bloques de vivendas e locais comerciais.
Esta actuación preténdese realizar modificando as normas subsidarias do Concello de Cambre, que están obsoletas xa que a Lei do solo 2/2016 da Xunta de Galicia di que non se poden facer recalificacións de solo sen un Plan Xeral, e Cambre non o ten.
O Concello de Oleiros, lindeiro con esta operación, ten denunciada esta actuación ante os tribunais e, neste momento, o Tribunal Supremo admitiu o recurso de casación presentado. Alternativa dos Veciños non pretende outra cousa que se respecten as normas. De efectuarse esta actuación causaría un prexuízo moi grande á cidadanía xa que saturaría aínda máis a zona de vivendas, creando un ínfima zona verde, pois dos 44.000 metros só se reservan 5.000 para espazos verdes públicos.
Alternativa reclama que se respecte a lei porque para evitar futuras consecuencias negativas para a veciñanza, tal e como está a suceder neste momento pola nefasta xestión durante os últimos 10 anos do Goberno de Cambre UxC, no que participou BNG e PSOE.