Alternativa, por moito que lle coarte a súa liberdade de expresión e de solicitude de rectificación, non vai parar no seu empeño de dar luz a todas aquelas mentiras que se están a dar nos últimos meses, neste momento falamos de que os proxectos que o goberno está anunciando como propios non o son e corresponden ao modelo de vila que Alternativa diseñara para Cangas.
Estamos moi orgullosas de coñecer a concesión das subvencións solicitadas polo Goberno de Victoria Portas para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora, subvencións solicitadas entre decembro do 2022 e xaneiro do 2023 e que constan nos medios de comunicación do Morrazo con datas de xanerio do 2023, e que se acaban de aprobar na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra como se pode comprobar na acta do 29 de decembro. Tamén de coñecer que o Técnico contratado no noso mandato para levar a cabo o proxecto da Rúa Estrela xa o ten rematado e entregado ao Concello baixo as bases de protección do patrimonio.
É evidente que o Goberno actual é incapaz de explicar que significan estas pezas do púzzle dentro dun proxecto de Vila xa que non é o seu proxecto.
Durante os anos de Alcaldia de Victoria Portas con Alternativa, traballamos nun novo modelo de cidade que pasa por unha transformación urbanística que gañe espazos públicos para os peóns e que aposte decididamente polo comercio local, creando as condicións para que sexa o eixo vertebrador da vida na vila.
Apostamos claramente por desenvolver dous puntos neurálxicos para o noso comercio local, o primeiro Vicenti e Montero Rios que xa conta con unha subvención de 1.3 millóns de euros para o seu desenvolvemento e o outro espazo que considerabamos que tiñamos que potenciarse para o comercio local atópase na Avenida de Marín e os seus arredores, no mesmo o fundamental é a accesibilidade universal e a mobilidade en todos os seus aspectos, e así potenciar dita zona para que as e o os novos emprendedores poidan ter como lugar de interés ubicar nesas rúas os seus negocios. Para elo presentamos tres proxecto a línea de subvención da Rede Ágora da Deputación, que alcanzaría a modificación das Rúas Ferrol, Gondomar, Baiona e Antonio Soage Jalda, subvencións realizadas entre novembro do 2022 e xaneiro do 2023, como se pode comprobar nos medios de comunicación de ditas datas.
A Deputación acaba de conceder ditas subvencións, solicitadas no Goberno de Victoria Portas o que fai que o Proxecto de Vila conceptuado por Alternativa sigue adiante incluindo tamén proxectos como a Rúa Estrela cuia redacción de proxecto comezou no mandato de Alternativa e sempre coa premisa de coidado e protección patrimonial da nosa vila.
Lembrar tamén á veciñanza que estas subvencións puideron ser solicitadas grazas ao traballo de equipo realizado para remitir ao Consello de Contas de Galicia a conta xeral en tempo e prazo, e que o Goberno actual non podrá solicitar no 2024 xa que non presentaron a conta xeral en tempo e prazo, o que fai a perda de importantes subvencións para o noso concello e proxectos que darían unha volta moi interesante as infraestructuras municipais.
Alternativa considera moralmente reprobable que o Goberno Actual presuma de proxectos, financiamento e subvencións que non correponden ao seu mandato nen ao seu traballo. É máis, tras seis meses de goberno, gustaríanos coñecer cal é o seu proxecto de vila, cal é a subvención, proxecto ou obra realizada co seu traballo, pois o descoñecemos todo o pobo.
Tamén demandaremos ao Goberno Municipal que as dirección de obra de ditos proxectos incluido Vicenti, Av de Montero Ríos e Rúa Estrela sexan executadas polos autores dos proxectos, tanto como por respecto como por coherencia, e así evitar desviacións non desexadas que perxudiquen unha correcta execución dos mesmos por levarse a cabo en zonas de especial interés patrimonial e social e porque ademáis serán unas obras que marquen o antes e o despois no noso concello.
O equipo de alternativa atópase moi orgulloso de ver que o traballo realizado está a ter recoñecemento e que pouco a pouco vaian saindo a luz proxecto que outros tentaron esconder e que hoxe van tendo o recoñecemento de subvencións e premios tan importantes como os xa alcanzados.