O alumnado do conservatorio segue sen solucións a pesar de que todas as problemáticas xa foron demandadas pola ANPA a través de diferentes medios e, incluso, en diferentes reunións co goberno local.
Alternativa puxo de manifesto que as familias non piden reproches nin confrontación, piden que funcione o servizo público, que se coiden as instalacións e que se cubran as necesidades docentes en tempo e forma.
O goberno local trasladou o seu compriso de pago das subvencións nos vindeiros días e que os técnicos realizarían unha revisión das problemáticas estructurais do edificio, ademáis de trasladar a información por escrito aos grupos da oposición e ANPA. Tamén dirón explicacións do retraso coa substitución de profesorado pola renuncia da primeira persoa da listaxe e volver a iniciar o procedemento de chamamento.
A formación realizará un seguimento dos compromisos acadados e destacou que “cando un tema se reitera ano tras ano e se acumulan os atrasos, a falta de resposta convértese nun problema de xestión.”