Alternativa trasladou a situación tras localizar unha espuma no río durante unha visita de seguimento das actuacións que se están a realizar no paseo fluvial.
A concentración da espuma verdosa na zona baixa do encoro, estendendose con menor intensidade no resto do curso fluvial, fixo que se trasladara a situación ao goberno municipal rápidamente para que se realizasen as comprobacións oportunas e, si fose preciso, activar os protocolos establecidos.
Tras a revisión da incidencia, EMALCSA asegurou que a escuma é inofensiva ao tratarse dunha especie de alga.
Dende Alternativa trasladan esta información á veciñanza para evitar preocupacións innecesarias e inciden na importancia de manter un seguimento continuado do municipio, tamén sobre o terreo. Pero tamén na participación veciñal para detectar determinadas incidencias.