A veciñanza de Bregua considera insuficiente a recollida de lixo semanal

A veciñanza alertou de que padecen a presencia de malos olores e roedores.

Alternativa achegou a queixa, apoiando que a recollida unha vez á semana é insuficiente.

O executivo comprometeuse a trasladar o asunto ao Consorcio das Mariñas, entidade responsable da xestión do servizo.

Alternativa xa ten achegado diferentes propostas e demandas veciñas relacionadas coa xestión do lixo en parroquias rurais. É por iso que grupo insiste na necesidade de garantir unha prestación equilibrada dos servizos públicos nos diferentes lugares do municipio.

Comparte esta nova!