Alternativa celebra a nova iluminación da Ponte, pero continúa a reclamar a falta de inversións nas estradas do municipio.
O Goberno Municipal, do que forma parte Alternativa, xa trasladou o profundo desacordo no reparto económico entre os municipios galegos nos orzamentos da Xunta de Galicia. E reclamouse que non se recollen investimentos para as actuacións necesarias nas vías autonómicas en Bergondo: a senda peonil comprometida na AC-164, o arranxo do firme da AC-161 e na AC-171.
“O que se reclama non son actuacións accesorias, senón intervencións necesarias para a mobilidade e seguridade viaria da veciñanza. O Concello xa avanzou o traballo que lle correspondía e agora é a Xunta que debería dar os seguintes pasos.” sinala Juan Fariña, voceiro do grupo.