O Concello de Culleredo pecha 2025 con 25 millóns sen gastar e un 15% de execución en investimentos

A Conta Xeral revela unha execución orzamentaria de só o 47%, desfasaxes en impostos clave e atrasos na rendición de contas por falta de persoal en Intervención.

A Comisión Especial de Contas do Concello de Culleredo analizou o informe da Conta Xeral de 2025, no que se pon de manifesto que o Concello deixou sen executar máis do 52% do seu orzamento definitivo, recoñecendo 22,49 millóns de euros dos 47,84 millóns dispoñibles e xerando un remanente de 25,34 millóns.

O parón é especialmente crítico no capítulo de investimentos reais, onde só se executou o 15,79% do previsto (3,21 millóns de 20,34 millóns). Esta paralización afectou a proxectos como as pistas deportivas de Almeiras, O Burgo e Tarrío, ou obras de saneamento en Celas, Castelo, Sueiro e Sésamo, que quedaron a cero euros.


O documento contable reflicte tamén importantes desvíos nos ingresos previstos —con baixas notables no ICIO (-1,32 M€), no IBI e na taxa de depuración—, así como saldos negativos en partidas de persoal e servizos de limpeza. Blanquea ademais a falta dun inventario de bens actualizado e reconciliado que xustifique un inmobilizado de 98,19 millóns, e pendentes de cobro por valor de 2,08 millóns de euros.

Comparte esta nova!