Un pequeno avance para a seguridade viaria

A recente adxudicación do contrato de suministro de material para o reforzo da señalización viaria supón un punto de partida para resolver diferentes incidencias que Alternativa ven demandando dende hai meses.

Co contrato xa asinado, o goberno local poderá atender as peticións de Alternativa para dar resposta ás queixas da veciñanza.

A atención veciñal directa de Alternativa permitiu que se leve meses trasladando nos diferentes órganos colexiados as incidencias relacionadas coa seguridade viaria que nos traslada a veciñanza: pasos de peóns borrados, deterioro de señais verticais, reposición de espellos, etc.

A adxudicación de máis de 17.000 euros permite que a brigada de obras conte con suministro de material para executar as actuacións necesarias en diversos puntos do municipio.

Alternativa incide en que “ non se pode perder o foco na situación de Cambre, a prioridade teñen que ser os servizos básicos, tamén en contratación. O centro non pode estar en “salvar” festas, e esta é unha situación que levamos anos padecendo.”

Comparte esta nova!