Unión por Cambre (UxC) pretende erixirse como referente da crítica e da oposición, levando a pleno asuntos que durante os seus anos de mandato non foron capaces a poñer solución nin a amosar preocupación.
Un exemplo claro se deu no pasado pleno, coa moción presentada por UxC defendendo a legalización dunha piscina nunha urbanización. Expediente que UxC tivo anos enriba da mesa para poder facelo mentres eran goberno. Pero agora empregan este asunto para proseguir a súa campaña.
Alternativa apoiou a proposta porque a veciñanza desta urbanización non ten culpa dos anos de mala xestión. Pero fixo constar “que non se pode pasar anos sen actuar e agora dar leccións sobre problemas que tiveron a oportunidade de solucionar e non o fixeron.”
“A política non consiste en descubrir os problemas cando se está na oposición, senón en asumir responsabilidades e traballar para solucionalos cando se ten a oportunidade de gobernar.” Matiza Raúl Varela, voceiro do grupo.