Fontes sen auga no Temple

Alternativa trasladou ao goberno municipal que non funcionaban as fontes en dous dos parques infantís do Temple.

A día de hoxe xa está solucionado no parque Francisco Rodríguez. Sorte distinta corre o parque Ramón Barba que continúa sen funcionar.

Alternativa remarcou nas pasadas Comisións Informativas o inaudito de que non funcione a fonte no Francisco Rodríguez, parque recén aberto despois do remate da súa renovación integral hai escasas semanas.

“A fiscalización das obras continúa ser unha tarefa pendente en Cambre, non pode ser que sexa a propia veciñanza ou grupos de oposición os que detecten as incidencias dun final de obra.” sinala o portavoz do grupo, Raúl Varela.

Comparte esta nova!