Resulta unha prioridade inmediata cubrir o posto mentres non se incorpore a persoa titular do posto que é o piar do asesoramento xurídico dunha administración local.
A administración de Culleredo require estabilidade, rigor e garantías xurídicas inmediatas. Porque a figura da Secretaría municipal é a base que permite avanzar na maioría dos procedementos da administración local. E por iso existen mecanismos de cobertura temporal legalmente previstos.
O goberno municipal votou en contra aseverando que o trámite xa está feito dende a alcaldía, sen ningunha persoa candidata para o posto e sen apoitar que o acordo da moción permitirá reiterar a petición novamente.
“Non é de recibo que Culleredo leve anos instalado nunha inestabilidade permanente en postos chave como a Secretaría e a Intervención. Dende o goberno están a normalizar a precariedade administrativa escudándose sempre nas mesmas escusas.” sinalaba Miguel Fraga, voceiro accidental de Alternativa.