Alternativa, apoiou que o asunto quede sobre a mesa ata que se atope a fórmula para un informe favorable de Secretaría e incentivou a seguir traballando na RPT.
A modificación do Regulamento ven proposta pola Xunta de Persoal que demandou esta modificación do Regulamento que permitiría un reparto equitativo do complemento de produtividade entre o persoal e compensaría levemente ás deficiencias ás que está sometido o persoal.
Pero o informe da Secretaría non acredita a suficiente seguridade xurídica, que podería crear desaxustes á hora do pago das nóminas, entre outras cousas. Tampouco se axuntou ó informe da persoa responsable da Área de Persoal.
Os grupos da oposición coincidiron que hai que poñer solución ás demandas do persoal muncipal, pero dentro dos procedementos legalmente establecidos. “As modificacións que hai que establecer non teñen unha enorme complicación, o goberno municipal debería volver a traer o asunto no vindeiro pleno.” sinalou Raúl Varela.