En época electoral os anuncios imperan

A Xunta de Galicia colma Cambre de anuncios de actuacións millonarias, despois de anos de deixamento.

A presión dos grupos da oposición, as actuacións insostibles de seguir mantendo no tempo e a proximidade das eleccións impulsan unha campaña de publicidade de cuestionable credibilidade.

A Xunta xa anunciou inversións para o CEIP Wenceslao Fndez. Florez, solucións para a Costa da Tapia é está a actúar sobre paseo fluvial do Mero. Reclamos pouco novidosos para a veciñanza que leva máis dunha década reclamando estas actuacións.

Pero tamén está a haber avisos máis sorpresivos como a senda que unirá Pravio con San Pedro ou o programa de atención que se vai a probar no Centro de Saúde.

A pesar de que toda actuación é benvida hai unha clara falta de planificación xa que quedan fora de xogo inversións que son o avance real para o municipio como a vía Ártabra, o víal 11-17, o depósito de auga de Sarro ou o novo instituto previsto en Lendoiro.

Por non falar de esos detalles do día a día que non son portada e non reciben resposta: o paso de peóns para unir o paseo fluvial na Telva, beirarrúas en Amil, a baixa financiación dos servizos de axuda no fogar ou os traballos comprometidos nos centros escolares cada verán.

“Nesta época colmada de hipocresía e publicidade, dende Alternativa seguiremos reclamando para impedir que estos compromisos se queden no papel para volver a ser publicidade dentro de 4 anos.” sinala Raúl Varela Fraguío, portavoz do grupo en Cambre.

Comparte esta nova!