Sen mantementos no skatepark a pesar do éxito deportivo en BMX

A única instalación do municipio acumula necesidades de mantemento dende hai anos, contrasta co recente éxito dun deportista local a nivel estatal.

Alternativa reclamou actuacións no skatepark e conseguiu o compromiso do goberno local para reunirse cos colectivos usuarios.

A formación, durante a súa intervención nas comisións informativas da pasada semana, concretou que é preciso escoitar as necesidades da mocidade usuaria, de cara a valorar a incorporación de actuacións que empecen a resolver as deficiencias da instalación nos orzamentos de 2027.

“É unha petición que vimos repetindo dende que entramos no 2019. O éxito de Adrian Ventureira Fernandez, proclamado subcampión de España de BMX Freestyle, é motivo de orgullo, pero tamén debe servir para que o executivo local actúe para mellorar as condicións da instalación na que se practica a disciplina.” sinala Raúl Varela.

Comparte esta nova!