O alcalde de Oleiros e o presidente da Deputación da Coruña asinaron un convenio segundo o que o Concello recibirá 400.000 euros da Deputación para as obras que se van iniciar próximamente no campo de fútbol do Redondo, en Montrove; nas que o Concello vai investir 1,5 millóns.
O diálogo e o respecto mutuo entre o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde, Ángel García Seoane, está a ser determinante para que por parte do organismo provincial se conceda o trato que lle corresponde ao 4º municipio de máis poboación da provincia, líder en indicadores sociais, culturais, deportivos e humanos. Ese rostro serio e conciliador do PSOE na Deputación contrasta co de outros representantes do PSOE, instalados na destrución, a difamación e as malas artes para facer política