A pesar da total disposición do Concello e os traballos previos realizados, a Xunta non destina partidas económicas para as estradas de competencia autonómica AC-164, AC-161 nin AC-171.
O Goberno Municipal trasladou o profundo desacordo co desequilibrio no reparto económico entre os municipios galegos. E reclama que os orzamentos recollan as actuacións necesarias para responder ás problmáticas das vías autonómicas:
- Senda peonil da AC-164 ao seu paso por Bergondo, aínda cando o Concello facilitou o documento técnico previo (Plan Director) para a constucción da mesma tal como se acordara coa Conselleira de Infraestruturas.
- Arranxo no firme da AC-161, que une o municipio con Betanzos. A pesar de que a Xunta xa dispón dun proxecto elaborado.
- No caso da AC-171 que baixa dende o centro do municipio ata o Pedrido, o Concello propuxo asumir a titularidade da vía, pero co seu arranxo previo, do cal se redacttou un proxecto.
Dende Alternativa son críticos co reparto partidista dos orzamentos: “ Os investimentos nas estradas autonómicas ten que responder á necesidades de mobilidade e seguridade, non a os intereses do PP. Bergondo xa avanzou propostas para as tres vías e a Xunta non está a cumprir a súa parte.”