O rural reclama saneamento e reforzo de alumeado

Alternativa reclamou continuidade para o proxecto de saneamento anunciado en Boedo e conseguiu o compromiso do goberno municipal de estudar as deficiencias de iluminación.

O grupo , á petición da veciñanza, demandou unha  planificación para o despregue da rede de saneamento  e un plan de reforzo do alumeado público en diferentes puntos de Boedo, parroquia de Veiga.

Alternativa considera necesaria unha planificación adecuada e a correspondente consignación económica que garanta a continuidade ao proxecto de saneamento nun dos núcleos de vivendas, aprobado recentemente con cargo ao Plan Único de Obras e Servizos (POS) da Deputación Provincial. 

Por outro bando tamén esixiu a necesidade dun plan de reforzo e mellora do alumeado público que priorice zonas onde a falta ou insuficiencia de alumenado dificulta a visibilidade para vehículos e peóns. Como é no tramo de vivendas da estrada a Loureda, contorna dos Muíños e Cerdeiras ou Pedra Loán.

Alternativa defende que as necesidades trasladadas pola veciñanza deben incorporarse na planificación municipal para o avance dos servizos básicos tanto en Boedo, como no resto dos núcleos rurais.

Comparte esta nova!