Alternativa destacou a importancia destas medidas para mellorar a habitabilidade e a comodidade do centro de Boedo durante o pleno de onte.
Son varias as zonas, especialmente nas que as casas están acaroadas á calzada, onde resulta difícil executar beirarrúas e garantir un espazo seguro para os peóns. Polo que Alternativa demandou a incorporación de espazos de prioridade peonil ou tráfico residencial.
A pesar de que algunhas zonas do núcleo xa foron recollidas como zonas residenciais no proxecto aprobado o pasado mes dentro da financiación do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial (POS), o goberno municipal comprometeuse a analizar outras áreas que non están incluídas.
O executivo tamén indicou a revisión do sentido de circulación do vial perimetral de A Cerdeira ao viaducto do tren, xa que se trata dun camiño moi estreito no que se xeran continuos bloqueos.
“Nos núcleos rurais hai que buscar solucións adaptadas ao lugar. En Boedo a falta de espazo para beirarrúas e o estreitamento dalgunhas vías fai necesario estudar alternativas para mellorar a seguridade e a convivencia entre tráfico e peóns. ” Insisten dende Alternativa.