Encontro veciñal no Graxal

Na xuntanza abordaranse diferentes problemas activos da parroquia (Parque Ramón Barba, parques infantís, etc.) e se explicará o proceso de apertura do paseo da ría.

A xuntanza será mañá martes 29 ás 20:15 horas no Centro Sociocultural do Graxal.   

Participarán Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños, e Raúl Varela Fraguío, portavoz do grupo en Cambre.

O acto servirá tamén para informar sobre a apertura do paseo da ría que conecta Cambre con Oleiros.

Comparte esta nova!